bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

27feb19:30'A Desfeita' de Albert Camus (edición en galego)ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

O vindeiro xoves, 27 de febreiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO, volve o Xosé Manuel Beiras tradutor do francés para presentarnos a súa versión en lingua galega de “La Chute”, a derradeira novela de Albert Camus.

A editorial Espiral Maior publica “A desfeita”, título desta recente edición, arrequecida cun prólogo do propio tradutor e un epílogo de Roger Quilliot. Intervirá tamén na presentación o director da editorial, Miguel Anxo Fernán-Vello. Polo Ateneo Atlántico, presenta o acto a escritora Laura Caveiro.

Sobre “A desfeita”:
Editada orixinariamente por Gallimard en 1956, un ano antes de que lle concederan a Camus o premio Nobel de Literatura, considérase unha das obras literarias máis atraíntes da súa época. Será Jean-Baptiste Clamence, enigmático avogado ou máis ben xuíz-penitente, protagonista da desfeita á que alude o título, sempre a lle facer confesións a un interlocutor invisible. Cada pregunta e cada situación fican gravadas na memoria de quen as le, e son sempre susceptibles de diversas interpretacións e distintos niveis de lectura.Presentaranos a súa versión da novela de Alber Camus “La Chute”, que, grazas á súa tradución brilla agora de novo en lingua galega.

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X