Detalles do eventos
A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) celebra o Día da Danza o venres 1 de maio na cidade de Vigo cun evento aberto
Detalles do eventos
A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) celebra o Día da Danza o venres 1 de maio na cidade de Vigo cun evento aberto a todas as persoas afíns á danza, co obxectivo de ofrecer unha tarde de reivindicación, celebración, encontro e intercambio a través do baile.
A xornada comeza ás 16:00 horas no espazo Caixa de Ritmos, situado no Calexón Canos 9, onde se realizará a confección de pancartas que decorarán a zona de baile e acompañarán a posterior marcha colectiva.
Ás 18:00 horas, o punto de encontro será o Paseo de Alfonso, desde onde dará comezo a Deriva, unha marcha colectiva bailada ata a Praza do Pobo Galego, na Rúa Doutor Cadaval, 5.
Ás 19:00 horas, as persoas participantes reuniranse na Praza do Pobo Galego para continuar coa celebración a través dunha Rave Invertida, dinamizada polo DJ set de Nu.Eva, e coa participación de colectivos e grupos de debuxantes que contribuirán a inmortalizar o momento.
A xornada concluirá cun bingo no que se repartirán premios relacionados co baile, dinamizado por Daniel Lezo.
Hora
1 maio, 2026 16:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra



