UNDERFEST

03nov(nov 3)17:0007(nov 7)20:00Semana Literaria de BouzasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00 - 20:00 (7)(GMT+01:00) Liceo Marítimo de Bouzas

Detalles do eventos

A asociación A Cultural de Bouzas organiza por primeira vez unha semana literaria que se celebrará do luns 3 ao venres 7 de novembro e que inclúe obradoiros poéticos e presentacións de libros de varios autores vigueses.

Este evento literario, que se desenvolverá no Liceo Marítimo de Bouzas constará de dúas partes. Unha primeira dedicada aos obradoiros que serán guiados polas poetas Branca Trigo e Vanessa Glemsel e unha segunda de presentacións de libros na que participarán seis autores locais.

Os obradoiros tocarán diferentes temáticas como a creación e a interpretación poética, as regueifas feministas e a creación de fanzines. Mentres que Belén Varela, J. Gabriel Barral, Manoel da Costa, Ricardo Seixo, Silvia Penas e Samuel Merino son os autores que estarán presentando os seus libros.

As prazas nos obradoiros están limitadas a quince persoas, polo que é necesaria inscrición previa vía correo electrónico: ac.viladebouzas@gmail.com

Hora

3 novembro, 2025 17:00 - 7 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Liceo Marítimo de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events