
A Clásica: Ventos do Clasicismo
28set20:00A Clásica: Ventos do ClasicismoCONCERTOS | 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
A Clásica inicia a tempada de outono – inverno este xoves 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo co concerto ‘Ventos
Detalles do eventos
A Clásica inicia a tempada de outono – inverno este xoves 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo co concerto ‘Ventos do Clasicismo’.
Coa temporada de ‘Son propio’, a orquestra quere poñer o foco no clasicismo cunha ollada ampla para construír presente. Así, pretende dar unha volta ás súas ideas esenciais, reflexionando sobre as distintas correntes e autores con obras que exceden os seus límites e chegan aos nosos días.
Neste primeiro concerto, a Clásica mostrará a diversidade e riqueza sonora da sección de vento cun programa que partirá da obra de Haydn, con arranxos propios, para chegar ao Beethoven que sentará as bases para a música de vento que coñecemos hoxe. A través da súa ollada, ofrecerá a escoita dos románticos Schubert e Strauss.
PROGRAMA
—Rondino en mi bemol maior, WoO. 25, de L. V. Beethoven
—Serenade en mi bemol maior, op. 7, de R. Strauss
—Sinfonía n.o 91 en mi bemol maior, de F. J. Haydn
I.Largo – Allegro assai
II.Andante
III.Menuet – Trio
IV.Finale: Vivace
—Tres minuetos para ventos D. 2d, de F. P. Schubert
Venda de entradas
As entradas para o concerto ‘Ventos do Clasicismo’ están á venda en Ataquilla.com a 10 euros e a 5euros para menores de 16 anos. As entradas na billeteira xusto antes do evento tamén custarán 5 euros para menores de 30 anos.
Máis

Hora
(Xoves) 20:00
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes