
Detalles do eventos
Con motivo do Día Europeo da Música, a Orquestra Clásica de Vigo ofrece un concerto na Concatedral de Santa María (La Colexiata). Desde os seus
Detalles do eventos
Con motivo do Día Europeo da Música, a Orquestra Clásica de Vigo ofrece un concerto na Concatedral de Santa María (La Colexiata). Desde os seus inicios, a Clásica de Vigo celebra esta data co fin de poñer en valor a importancia da escoita e práctica da música en directo. Nesta ocasión, a súa proposta aborda a relevancia do clasicismo como estilo fundamental e refuxio para a orquestra. O programa, dirixido por Manuel Martínez Álvarez e interpretado por Mauro Mariño Suárez e Jennifer Gómez Vilar, céntrase na obra de Mozart e Haydn:
W. A. Mozart
Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol maior, K. 364/320d.
- Allegro maestoso
- Andante
- Presto
F. J. Haydn
Sinfonía no 75 en Re maior, Hob. I:88
- Grave – Presto
- Andante con variazioni: Poco adagio
- Menuetto: Allegretto – Trio
- Finale: Vivace
O aforo é limitado. As entradas están dispoñibles AQUÍ, a través dun sistema de reserva mediante donativo voluntario.
Máis
Hora
21 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual