A Cervexería Nós abre un local no corazón do Casco Vello
Detalles do eventos
Hai unha década que Raúl Méndez abriu unha das primeiras fábricas de cervexa artesá da zona, convertindo un pasatempo na súa profesión baixo o nome
Detalles do eventos
Hai unha década que Raúl Méndez abriu unha das primeiras fábricas de cervexa artesá da zona, convertindo un pasatempo na súa profesión baixo o nome de Cervexas Nós. Ao longo destes anos a empresa distribuiu as súas cervexas por multitude de bares e supermercados, organizou catas e concertos e participou en diferentes iniciativas gastronómicas e culturais.
Este xoves 16 de novembro as 19:00 inaugúrase un novo local na rúa Real 14, en pleno corazón do Casco Vello. Alí poderás catar algunha das súas oito referencias: Orixinal, Lager, Illas Cíes, Fox Ipa, Viúva Negra, Sálvora, Reizentolo e Radler. O novo local terá horario ampliado na fin de semana, abrindo de 19:00 a 23:00 durate a semana e ata ás 2:00 na fin de semana. Para maridar as cervexas, ofrecerán unha carta de pratos desenfadados como pulled pork, codillo ou costela.
Raúl avisa que con motivo da inauguración farán sorteos polo que recomenda estar atentos as redes socias de Cervexas Nós.
Máis
Hora
16 novembro, 2023 19:00(GMT+02:00)
Localización
Cervexería Nós (Rúa Real)
Rúa Real, 14, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes