A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio – A Movida

xullo, 2018

31xul11:00A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficioEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde coa entrada do Museo(xullo 31) 11:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

O Museo do Mar de Galicia abriu o venres 27 as portas da súa nova exposición temporal, A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio, que ofrece un percorrido por este patrimonio cultural a través dunha selección de 50 imaxes.

A mostra foi inaugurada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, é froito da colaboración entre o Museo do Mar de Galicia e o Museo Massó de Bueu e ten a súa orixe no certame que este último centro botou a andar en 2017: o Concurso de Fotografía Museo Massó, dedicado na súa primeira edición á carpintería de ribeira tradicional.
“A través de medio cento de imaxes –asegurou Anxo Lorenzo–, esta exposición bríndanos a oportunidade de nos megurllar nun patrimonio histórico que constitúe un dos principais tesouros da nosa cultura marítima e do noso patrimonio cultural”. “Agora, este legado redescúbresenos a través dos diversos obxectivos que souberon captar a grandeza que se agocha detrás da carpitería de ribeira e que deu orixe ás obras artísticas que conforman o novo proxecto expositivo deste Museo do Mar de Galicia”, engadiu o secretario xeral, que estivo acompañado polo director do museo radicado en Vigo, Vicente Caramés, e mais da directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga López.

Anxo Lorenzo tamén recordou na súa intervención o interese da mostra para “contribuír á difusión dun ben que cómpre poñer en valor e que cómpre conservar”. Con este obxectivo, a Xunta de Galicia, segundo recordou, está a impulsasr a declaración de ben de interese cultural das técnicas construtivas da carpintería de ribeira como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia.

A carpintería de ribeira 

A carpintería de ribeira tradicional trátase dun patrimonio histórico que comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio e o taller ou estaleiro. Estes modestos estaleiros forman parte da arquitectura popular e neles constrúense as pequenas embarcacións de madeira dedicadas á pesca de baixura.

A exposición permanecerá aberta no horario de apertura habitual do museo desde o 28 de
xullo e a entrada será gratis coa entrada ao museo (3 euros a entrada xeral, 1,50 euros
entrada reducida –estudantes, desempregados/as, xubilados/as e familias numerosas– e os
menores de 8 anos non pagan).

Horario:

Horario de Verán (21 xuño – 30 setembro)
– Luns: Pechado
– Martes a Domingo: 11-14 e 17-20

Os luns que cadren en festivo rexerá o horario do domingo

Hora

Xullo 31 (Martes) 11:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X