
25mai20:00'A cámara escura'ESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
A cámara escura é unha impactante proposta escénica sobre o ciberacoso e a vulnerabilidade da adolescencia na era dixital. A través da historia de Alicia,
Detalles do eventos
A cámara escura é unha impactante proposta escénica sobre o ciberacoso e a vulnerabilidade da adolescencia na era dixital. A través da historia de Alicia, unha moza de 16 anos atrapada entre o amor, a exposición e o xuízo social, a obra mergúllanos nas consecuencias emocionais da violencia en rede. Un espectáculo necesario e conmovedor que pon o foco nas vítimas, nas persoas agresoras e nas familias, abordando con rigor e sensibilidade os perigos da hipervisibilidade e a perda de intimidade.
SINOPSE:
Alicia ten 16 anos. Está namorada, fai un selfie e decide envialo. Nese intre, sen sabelo, abre a porta a un inferno dixital: o que debía ser unha mostra de afecto convértese nunha cadea de reenvíos, burla, censura e violencia. A súa intimidade, esparexida por unha rede sen límites, provoca unha avalanche de mensaxes que a afunden nunha espiral de dor e desprezo. A cámara escura é un retrato cru e necesario sobre o ciberacoso, o impacto emocional da exposición na adolescencia e a falta de madurez fronte ao uso das novas tecnoloxías. A través de Alicia, dividida en dúas voces internas que dialogan entre o desexo de desaparecer e a necesidade de resistir, a obra pon o foco nas vítimas, nas persoas agresoras e nas familias que as rodean. Unha peza poderosa que interpela, conmociona e nos obriga a mirar cara esa realidade invisible que medra cada día nas pantallas.
Máis
Hora
25 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual