REVISTA ABRIL

05abr20:00A Buxaina celebra a sabedoría tradicional cunha 'Homenaxe' ás pandeireteiras de Ons e Cándido PeiteadoCONCERTOS | Desde 8,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebra o sábado 5 de abril ás 20:00 h A Homenaxe, un acto que pon en valor a quen transmite a sabedoría do baile e música tradicionais.

Acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRAC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Para isto, desta volta os homenaxeados serán as pandeireteiras de Ons e Cándido Peiteado, acordeonista.

Contará coas actuacións dos grupos Acordeireta, dúo que nos presentará o seu novo traballo Baixo os remendos, nós, e Pataghulhos, actual e prometedora formación do Morrazo. Para esta edición, o Grupo Etnográfico A Buxaina regresa ao escenario, para deleitarnos coa súa música e baile. O contista trouleiro Caxoto Díaz será o encargado de presentar o acto.

A Homenaxe, anteriormente chamada Homenaxe ao Gaiteiro, homenaxeou dende o seu comezo a persoas que bailaban ou tocaban diferentes instrumentos tradicionais, polo que o cambio de nome pretende reflectir esa inclusión, riqueza e variedade que sempre estivo presente no acto.

A entrada ten un prezo de 10,00 € para o público xeral e 8,00 € para socios do grupo. Poden adquirirse en Ataquilla.

Máis

Hora

5 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events