
Detalles do eventos
A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2023 cun amplo de abano de actividades nas bibliotecas de xestiónautonómica sobre o legado de María Antonia Dans,
A Biblioteca Juan Compañel celebra o Día da Ilustración con varios obradoiros
A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2023 cun amplo de abano de actividades nas bibliotecas de xestión
autonómica sobre o legado de María Antonia Dans, artista á que se homenaxea este ano. A programación está composta por obradoiros, contacontos ou exposicións sobre ela e a súa traxectoria.
A Biblioteca Pública Juan Compañel celebra esta data co obradoiro Luces e sombras que imparte Carmen Pintos ás 18,30 horas o día 30. Ademais, o sábado 28 de xaneiro María Vilar ofrecere un taller sobre banda deseñada para nenos
de 6 anos ás 12,15 horas no que participará o ilustrador Esteban Souto, que contará aos asistentes como crea as súas ilustracións.
A programación complétase coas exposicións bibliográficas María Antonia Dans: retratar a humildade do cotiá, que se poderá ver ata o 17 de febreiro e María Antonia Dans: debúxame un conto, composta por reproducións de ilustracións da
pintora e dispoñible ata o mesmo día.
María Antonia Dans foi unha pintora galega. Iniciou a formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña da man de Lolita Día Baliño. Máis tarde acudiu a clases no Círculo de Belas Artes de Madrid e na Escola San Fernando. É unha das principais representantes do neoexpresionismo en Galicia.
Máis

(Sábado) 12:15
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra