CONGRESO MAR >

13set20:00'A besta da illa'ESPECTÁCULOS | 3,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A Sala Ártika acolle A besta da illa, da compañía DameCuerda QueTeatro, un drama para todos os públicos que se presenta na Sala Ártika dentro do Circuíto de Teatro Amador FEGATEA – FAUNA 113. Un grupo de nenas e nenos perdidos nunha illa deserta deberá enfrontarse ao medo, organizarse… e sobrevivir á presenza dunha misteriosa besta que os asexa. Un espectáculo divertido e reflexivo sobre o poder, a cooperación e a fantasía colectiva.

SINOPSE

Un grupo de oito nenas e nenos acaba nunha illa deserta. Teñen calor, sede e fame e queren que os rescaten. Necesitan poñer normas para organizárense. Quen será líder? Pero non están sós, unha besta asexa entre as árbores… Necesitan facer lanzas.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

13 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events