FAITE AMOVIDALOVER

23ago22:00A Banda da Loba presenta o seu novo álbum 'Lovismo' no ChandefolkFESTIVAIS E FEIRAS | De balde22:00(GMT+02:00) Merendeiro de Chan de Rapadouro, Chandebrito

Detalles do eventos

Ademais do Nigranjazz e o Nigrán Blues, o sábado 23 de agosto, o Concello de Nigrán celebra o Chandefolk, outro festival musical. Nesta ocasión, conta con A Banda da Loba como protagonistas, que ademais presentarán o seu quinto álbum en directo.

O festival ten lugar no merendeiro de Chan de Rapadouro, en Chandebrito. Como é habitual, disporá das súas mochilas vibratorias para todas aquelas persoas xordas que o soliciten previamente a través do número de teléfono 690 67 96 75 ou o enderezo electrónico info@entresignos.com.

A Banda da Loba é un grupo formado por cinco mulleres: Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana. Caracterízase polo seu estilo e son propios, combinando xéneros como pop, rock, blues e folk con sons tradicionais galegos. Nas súas letras, que adoitan explorar temáticas como o empoderamento da muller ou a cultura galega, o amor non gozara dun gran protagonismo ata agora. En Lovismo falan sobre el e as súas múltiples formas e expresións. Trátase dunha declaración de amor, un fío vermello que as une desde o corazón e moito máis.

Pódese acceder a máis información, premendo AQUÍ.

Hora

23 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

Merendeiro de Chan de Rapadouro, Chandebrito

Rúa do Torreiro, 36360 Chandebrito, Pontevedra

Other Events