Detalles do eventos
Baixo o eslogan ‘Bollera Fernández Travela Presidenta’, a asociación viguesa Nós Mesmas anuncia a segunda edición do Festival Bolleras, Viciosas, Travelas e Marimachas, unha xornada que máis que
Detalles do eventos
Baixo o eslogan ‘Bollera Fernández Travela Presidenta’, a asociación viguesa Nós Mesmas anuncia a segunda edición do Festival Bolleras, Viciosas, Travelas e Marimachas, unha xornada que máis que un evento cultural, é en palabras das activistas “un golpe de estado simbólico contra quen nos quere caladas e nos recunchos da historia“. E engaden: “se a política institucional se converteu nun circo de machismo rancio e lgtbifobia sen filtros, en Nós Mesmas decidimos presentar a nosa propia candidatura. Non buscamos votos, buscamos vicio, cultura e visibilidade.”
O evento terá lugar na Morada o sábado 25 de abril, un día antes do día da Visibilidade Lésbica e contará coas actuacións nas que as protagonitas serán persoas non binarias, co obxectivo de poñer en valor o talento das mulleres LBT e o poder transformador das persoas non binarias. Pola mañá a artista multidisciplinar Ailén Kendelman estará presentando o seu novo espectáculo Unha señora orquestra, unha viaxe polas súas propias raíces migrantes, mesturando ritmos globais cunha ollada feminista e cargada de humor. Á tarde Andrea Nunes e Leticia Citoula presentarán o libro Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas, no que reúnen voces diversas para falar de godofobia. A continuación a música correrá a cargo de Lucía Aldao, co seu proxecto PAVA. Tamén haberá tempo para bailar ao ritmo das dj LaKeNoBaila e Mambis; e DragKing bingo solidario. Aínda que a entrada é gratuíta o aforo é limitado e é necesario reservar praza nesta ligazón.
PROGRAMA:
12:00 h Apertura con agasallos
12:30 h Unha Señora Orquestra con Ailén Kendelman
Xantar colectivo
16:00 h Andrea Nunes e Leticia Citoula presentando Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas.
17:00 h Lucía Aldao, PAVA Bollera
18:30h Pausa con picoteo e bailoteo
18:00 h LaKeNoBaila DJ e Mambis DJ (djs Cuirs)
19:30 h DragKing Bingo Solidario con Milo Bambino con marabillosos premios; a recadación irá destinada ao bote solidario da asociación.
Lugar: A Morada Cooperativa, Rúa Enrique Macias, 6, Vigo
Data: 25 de abril de 2026, de 12 a 20h
Reserva xa a túa entrada gratuíta aquí.
Hora
25 abril, 2026 12:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


