
Detalles do eventos
Tras o éxito irresistible do seu álbum debut con cariño y con cuidado que a levou a percorrer máis de dez países e a recibir importantes recoñecementos como
Detalles do eventos
Tras o éxito irresistible do seu álbum debut con cariño y con cuidado que a levou a percorrer máis de dez países e a recibir importantes recoñecementos como un nomeamento aos Latin Grammy e outro aos Premios Goya, a artista canaria Valeria Castro anuncia o seu regreso aos escenarios cun novo proxecto musical, que presentará en directo o próximo 25 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo.
Este esperado traballo foi producido por Carles Campi Campón, recoñecido produtor e oito veces gañador do Latin Grammy, coñecido polo seu labor xunto a artistas da talla de Jorge Drexler, Natalia Lafourcade, Vetusta Morla ou Xoel López.
Valeria define este novo proxecto como “un exercicio de vulnerabilidade e fortaleza, un puzzle de emocións que nos recorda que o esencial, como diría Saint-Exupéry en El Principito, sigue sendo invisible aos ollos”.
Coa súa delicadeza vocal e a súa capacidade para emocionar con cada verso, Valeria Castro continúa consolidándose como unha das voces máis auténticas e prometedoras da nova xeración da música en español.
Máis
Hora
25 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual