A Arte no Cómic – A Movida

abril, 2018

26abr(abr 26)17:3030xuñ(xuñ 30)20:30A Arte no CómicEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(abril 26) 17:30 - (xuño 30) 20:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Un total de 73 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal na exposición «A Arte no Cómic», comisariada polo historiador Asier Mensuro e producida por Fundación Telefónica. A mostra, que se inaugurará na Sede Afundación de Vigo o vindeiro xoves 26 de abril e se poderá visitar ata o 30 de xuño, está estruturada en tres espazos: a presenza do cómic nos grandes museos; historietas desenvolvidas por autores galegos, que inclúe Pikiblinder, a interpretación en cómic da Colección de Arte de Afundación, obra do ilustrador Jacobo Fernández Serrano; e a homenaxe que realizaron algúns debuxantes a pezas de arte emblemáticas. A exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre; do Museo Nacional del Prado, con pezas inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto; ou do Museo Thyssen-Bornemisza, que actúan como colaboradores desta orixinal exposición.

«A Arte no Cómic» estuda o modo en que o cómic se aproximou ao mundo da pintura e incide especialmente na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte como unha disciplina que debe estar presente na programación dos museos e grandes centros de arte. Así, no primeiro dos espazos desta exposición pódese observar a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre, do Museo de Orsay, del Prado ou do Museo Thyssen-Bornemisza. Fundación Telefónica tamén se sumou a esta iniciativa encargando versións libres dalgunhas das mellores pezas do seu patrimonio artístico a ilustradores e autores de prestixio, que ofrecen a súa visión, entre outras, de obras de Pablo Picasso, Antoni Tàpies ou René Magritte.

O segundo ámbito da exposición está centrado no cómic desenvolvido por autores galegos, entre os que se atopan Brais Rodríguez e Miguelanxo Prado. Ademais, con motivo da mostra, Afundación encargou ao artista Jacobo Fernández Serrano unha historieta baseada nalgunhas das obras máis sobresaíntes da súa colección de arte, titulada Pikiblinder.

Por último, a exposición recolle como as grandes obras da pintura aparecen no cómic. Trátase dun novo achegamento ao mundo da pintura, unha mirada persoal e unha homenaxe dos autores de bandas deseñadas que, conscientes da capacidade narrativa da novena arte, utilizan os seus recursos para mostrarnos o mundo da pintura dun modo distinto ao que habitualmente ofrecen críticos e teóricos da arte.

HORARIO:
– Lunes a viernes 17.30 a 20.30 h
– Sábados 11.00 a 14.00 y 17.30 a 20.30 h

Hora

Abril 26 (Xoves) 17:30 - Xuño 30 (Sádado) 20:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X