CANS

14mar19:00XII Contrarreloxo por Equipos Alejandro FebreroACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde 19:00(GMT+01:00) Estación Marítima

Detalles do eventos

O Club ADN Runners-Telmo Peluqueros F.C. organiza a XII Contrarreloxo por Equipos Alejandro Febrero nas inmediacións da Estación Marítima e no Paseo das Avenidas.

A carreira de 5000 metros disputarase nun circuíto de dúas voltas, de aproximadamente 2500 metros cada unha.

Haberá servizo de guardarroupa na primeira planta da Estación Marítima e servizo de duchas na piscina do Náutico, dispoñibles desde as 19:20 ata as 20:30.

Formato da carreira

Os equipos participantes estarán formados por un mínimo de 6 atletas e un máximo de 9, sendo o tempo do equipo o do 6º atleta en chegar á meta.

Un participante só poderá formar parte dun equipo.

Os 6 membros do equipo que puntúen deberán chegar xuntos á meta cunha diferenza máxima de 5 segundos.

Nos equipos mixtos, é obrigatorio que entre os 6 atletas que dan o tempo ao equipo haxa un mínimo de dous atletas de cada sexo.

Todos os membros do equipo sairán á vez, e cada equipo sairá cun intervalo de un minuto.

Aquel equipo que saia antes de que se lle indique terá unha penalización de un minuto sobre o seu tempo.

Categorías

Establécense as seguintes categorías:

  • Absoluta Masculina: 2013 e anteriores.
  • Absoluta Femenina: 2013 e anteriores.
  • Absoluta Mixta: 2013 e anteriores.

Un equipo considérase mixto se hai un mínimo de 2 atletas de cada sexo (con un mínimo de 6 participantes). Se no equipo só hai unha muller, o equipo considerarase MASCULINO, e os participantes que marcan o tempo serán 6 homes. Se no equipo só hai un home, o equipo considerarase FEMININO, e os participantes que marcan o tempo serán 6 mulleres.

Máis información

Hora

14 marzo, 2026 19:00(GMT+01:00)

Localización

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events