
8M: ‘Entre notas e silencios. Mulleres na música’
Detalles do eventos
O 6 de marzo terá lugar o Día Internacional da Muller no CSM de Vigo cun concerto no que os asistentes poderán escoitar música composta por mulleres e
Detalles do eventos
O 6 de marzo terá lugar o Día Internacional da Muller no CSM de Vigo cun concerto no que os asistentes poderán escoitar música composta por mulleres e unha expo-revista que nos achegará a destacadas mulleres de diferentes
ámbitos do mundo da música.
Os asistentes ao concerto do día 6 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax poderán escoitar “ENTRE NOTAS E SILENCIOS. MULLERES NA MÚSICA”. Este concerto forma parte do proxecto SONMULLER, que nos convida a coñecer e profundar na vida de mulleres marabillosas no mundo da música cun programa que estará baseado en música composta por mulleres.
SONMULLER é a cuarta edición dun proxecto cun formato orixinal en forma de ‘Expo-revista’, que presenta a mulleres galegas ou cunha dilatada traxectoria en Galicia, cuxa labor é importante nalgunhas das disciplinas impartidas polos Conservatorios Superiores de Música de Galicia: musicoloxía, dirección, composición, producción e xestión.
Máis
Hora
6 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra