CAMELIAS NADAL

20nov19:00O PXOM e o sistema húmido Pertegueiras, Fontes , a BarrocaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Asociación Alento

Detalles do eventos

O xeólogo Óscar Pazos analizará desde unha perspectiva científica o impacto crítico do novo PXOM no sistema húmido de Navia. A charla informativa, organizada pola Plataforma Salvemos A Barroca, terá lugar este xoves 20 de novembro no local da Asociación Alento en Navia.

O obxectivo é achegar á cidadanía datos técnicos sobre como o plan urbanístico afecta á supervivencia das regueiras e fontes da zona.

● Evento: Charla coloquio: “O PXOM e o sistema húmido Pertegueiras, Fontes, a Barroca”.
● Relator: Óscar Pazos, xeólogo.
● Data: Xoves, 20 de novembro.
● Hora: 19:00 h.
● Lugar: Asociación Alento (Rúa Pedra Seixo, 31 – Navia, Vigo).
● Organiza: Plataforma Salvemos A Barroca.
A entrada é libre ata completar aforo. Convídase a asistir a todas as persoas preocupadas polo futuro urbanístico e ambiental de Vigo.

Hora

20 novembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Alento

Rúa Pedra Seixo, 31 - Navia, Vigo

Other Events