UNDERFEST

29out20:0022:30A Realidade Vitivinícola de GaliciaGASTRO | 200,00 €20:00 - 22:30(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Curso A Realidade Vitivinícola de Galicia, dirixido por Juanjo Treus, con seis sesións de análise e cata das principais zonas vitivinícolas do país.

Dirixido por Juanjo Treus, sumiller e formador de referencia no panorama galego, coas sesión a cargo del e de Joaquín Pacheco, médico e divulgador apaixonado polo viño. O curso contará tamén coa participación de Carlos Amoedo, que se sumará á sesión final cunha cata a ciegas compartida.

Durante seis sesións exploraremos as principais zonas de Galicia, a súa diversidade de estilos e o traballo dos produtores que están a renovar o panorama. Cada clase combina contexto, análise e cata guiada, nun formato participativo e próximo.

Horario: de 20:00 a 22:30 h
Lugar: MUTA (Vigo)

Prezo: 200 € por persoa (inclúe todas as catas). Posibilidade de pagamento en dúas partes: 100 € ao inscribirse e 100 € en novembro.

Inscricións e máis información: muta@muta.gal

PROGRAMA

29 de outubro · Ribeiro e as uvas ocultas

Imparte: Juanjo Figueroa Treus. Como se está a redefinir o Ribeiro e o papel das variedades históricas e dos pequenos colleiteiros.

4 de novembro · Rías Baixas máis alá do Albariño

Imparte: Joaquín Pacheco. Unha mirada ás outras caras do Atlántico galego e á diversidade real da denominación.

12 de novembro · Ribeira Sacra e viticultura heroica

Imparte: Juanjo Figueroa Treus. Territorio, pendentes e carácter: comprender a identidade da Ribeira Sacra e as súas subzonas.

19 de novembro · Valdeorras, Monterrei e Muradella: a fronteira experimental

Imparte: Juanjo Figueroa Treus. As zonas do leste e sur de Galicia como espazo de innovación e evolución.

26 de novembro · IXPs e o futuro dos viños fóra de mapa

Imparte: Joaquín Pacheco. Os proxectos independentes e a liberdade creativa como sinal do novo viño galego.

3 de decembro · Cata final: O territorio a cegas

Imparten: Juanjo Figueroa Treus, Joaquín Pacheco e Carlos Amoedo. Sesión especial de peche: unha cata colectiva a cegas para descubrir Galicia sen etiquetas.

Hora

29 outubro, 2025 20:00 - 22:30(GMT+01:00)

Localización

MUTA

MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events