UNDERFEST

16out19:00'Destino: Ocupación. Itinerario: Xenocidio, Apartheid'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Amnistía Internacional organiza un faladoiro sobre o xenocidio e a impunidade en Gaza este xoves 16 ás 19.00 h no MARCO.

Amnistía Internacional Galicia presenta Destino: Ocupación. Itinerario: Xenocidio, Apartheid, un encontro arredor da cuestión do xenocidio palestino e a necesidade de acabar co bloqueo ilegal de Gaza e proporcionar xustiza e reparación ás vítimas, cuestións básicas ausentes do denominado “Plan de paz” de Trump. A cita, que se celebra este xoves 16 de outubro ás 19h no Salón de Conferencias do Museo MARCO de Vigo (Rúa Príncipe, 56) conta coa presenza de Raquel Martí, Directora Executiva da Axencia da ONU para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) en España. Raquel estará acompañada polo responsable para Oriente Medio de Amnistía Internacional España, Carlos de las Heras, e polo xornalista local de Onda Cero Rubén Rey, que presentará o acto e moderará o coloquio.

Para comentar os avances que supón o cesamento do fogo e de que xeito a poboación civil palestina segue vivindo nunha situación de ocupación ilegal e xenocidio, contaremos coa voz autorizada de Raquel Martí, Licenciada en xeografía e Historia pola Universidade Complutense e Doutora en Historia pola UNED con ampla experiencia como directora de proxectos de diversas ONG en Asia, África e Latinoamérica, centrándose tamén na situación dos refuxiados en Palestina. A este respecto, Amnistía Internacional celebra a posta en liberdade do doutor Hossam Abu Safiya, director do Kamal Adwan Hospital que levaba encarcerado polas autoridades de Israel  dende decembro de 2024.

Hora

16 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events