Detalles do eventos
Entre o 28 de xuño e o 12 de setembro, a sala de arte Apo’strophe acolle 100/sem artistas brasileiros em cartaz, unha exposición do colectivo brasileiro Imaginário Periférico
Detalles do eventos
Entre o 28 de xuño e o 12 de setembro, a sala de arte Apo’strophe acolle 100/sem artistas brasileiros em cartaz, unha exposición do colectivo brasileiro Imaginário Periférico que reúne obras de cen artistas contemporáneos que reivindican a periferia como territorio de creación viva, crítica e poética.
Este proxecto supón un intercambio cultural sen precedentes entre Brasil e Galicia, cunha exposición xemelga en Río de Janeiro con obras de cen artistas galegos. Esta iniciativa, organizada por André de Oliveira (poeta e xestor cultural brasileiro), Raimundo Rodríguez (artista recoñecido polo seu traballo con materiais efémeros e temáticas sociais) e Sara Pérez Bello (directora de Apo’strophe), representa un fito no diálogo artístico entre ambos lugares.
Concretamente, 100/sem artistas brasileiros em cartaz inclúe un gran panel colectivo de obras en papel, unha mostra inmersiva de videoarte e unha rica programación de actividades paralelas como charlas, debates e recitais de poesía e música.
HORARIO DE VISITA
- Mércores: 18:30 – 20:00 h
Hora
28 xuño, 2025 20:00 - 12 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Apo'strophe Sala de Arte
Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra


