
82º aniversario Airiños
Detalles do eventos
O próximo venres, 3 de xuño, o auditorio municipal de praza do Rei acolle o concerto homenaxe do 82 aniversario do grupo de gaitas “Airiños do parque de
Detalles do eventos
O próximo venres, 3 de xuño, o auditorio municipal de praza do Rei acolle o concerto homenaxe do 82 aniversario do grupo de gaitas “Airiños do parque de Castrelos”. Para asistir ó concerto , de carácter gratuíto, será necesario recoller as invitacións na sede da Escola Municipal de Danza, andar -1 do edificio do Concello en horario de LUNS A VENRES de 11 a 13 e de 19 a 20h O concerto consistirá na interpretación de varias pezas por parte de cinco grupos formados de gaitas, tamboril, bombo e pandereita. Parte de las formacións grupais foron discípulos dos primeiros membros do grupo de AIRIÑOS.
Desenvolvemento do concerto:
GRUPO 1 interpretará “Os nenos de Marín, “ Vals dos vellos, “Pasacorredoiras do
Berbés”.
GRUPO 2 tocarán “Os cinco mariñeiros”, “Muiñeira dos Rapaces”, “Xota de Tarabelo”.
GRUPO 3 “ Foliada da Señora Juana”, “A moza do neco”, “ Vlas Picado”.
GRUPO 4 “ No Magosto”, “ No carnaval de Vilariño”, “ Santa Fé ”.
GRUPO 5 “ De Marín a Vigo”, “ O cuco”, “sementeira”
O festival rematará coa interpretación por parte de todos os grupo da “ Marcha solemne do antigo Reino de Galicia”.
Airiños do Parque de Castrelos é un grupo de gaitas que interpreta música tradicional galega ,fundado na parroquia viguesa de Castrelos en 1943 e aínda en activo. En 1978 participou por primeira vez Festival Intercéltico de Lorient xunto coa Escola de gaitas de Ortigueira e o grupo lucense Fuxan os Ventos. Regresou a ese festival en 1981, nesa ocasión con Milladoiro e Xocaloma, entre outros grupos galegos, e en virtude do acordo de irmanamento asinado ese mesmo año entre as cidades de Lorient e Vigo, que establecía entre outras cousas a invitación permanente do grupo musical vigués ó Festival Intercéltico, volveu a actuar nas edicións dos años 1982, 1984 e 1985. En 1980 participaron na terceira edición do Festival de Ortigueira e en 1993 recibiu o galardón Vigués distinguido como homenaxe os seus 50 anos en activo. Ese mesmo ano publicaron o disco Grupo Tradicional Airiños do Parque de Castrelos e o libro conmemorativo Grupo de gaitas “Airiños do parque de Castrelos”: 1943-1993.
Máis
Hora
3 xuño, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes