Presentación 'Un paseo polo Nadal de Vigo'
Detalles do eventos
Este sábado 7 de decembro, El Corte Inglés de Vigo acollerá a presentación de “Un paseo polo Nadal de Vigo”, a nova obra en formato
Detalles do eventos
Este sábado 7 de decembro, El Corte Inglés de Vigo acollerá a presentación de “Un paseo polo Nadal de Vigo”, a nova obra en formato audiolibro da escritora miñorana Soledad García.
Esta presentación, que terá lugar ás 19.00 horas no restaurante do Corte Inglés, mestura simbólicamente o Nadal coa Festa do Farol, unha xornada máxica e chea de simbolismo para as familias que queiran dar a benvida ao Nadal na cidade.
Soledad García compartirá a historia de Undomel, unha dragona mitológica que cada inverno acende e protede a “aldea de luz” que é Vigo, lembrando a todos os asistentes o valor da esperanza e a solidariedade.
García entrelaza historia, mitoloxía e o profundo espírito do Nadal nesta obra gañadora do segundo premio Exeria do Ateneo Atlántico.
A historia de Undomel e a narrativa de García combinan fantasía e tradición, tecendo unha ponte entre as xeracións e convidando a reflexionar sobre a importancia de lembrar, que a pesar das sombras – xa sexan as catástrofes naturais ou os conflitos que estamos a vivir-, a luz e a esperanza deben prevalecer.
Soledad García é a creadora de 14 libros entre os que destacan os paseos literarios do Val Miñor, URCO unha historia reciclada, APOSIOPOSE, Versos e abellas para salvar o planeta, Zoo Libre e SAMAGOSTÍN.
Máis
Hora
7 decembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra