700 camisetas contra la leucemia
04xuñ09:00700 camisetas contra la leucemiaACTIVIDADES DEPORTIVAS | -09:00(GMT+02:00) CC Vialia
Detalles do eventos
Máis de 650 persoas, camiñantes, corredores e membros de Discamino e Rodando, reuniranse este próximo domingo, 4 de xuño, para camiñar pola vida na 14a Marcha Solidaria «700
Detalles do eventos
Máis de 650 persoas, camiñantes, corredores e membros de Discamino e Rodando, reuniranse este próximo domingo, 4 de xuño, para camiñar pola vida na 14a Marcha Solidaria «700 camisetas contra a leucemia», percorrendo 35 quilómetros entre as cidades de Vigo e Pontevedra. Un ano máis, esta iniciativa solidaria, impulsada pola Asociación FRANGIL contra a leucemia, ponse en marcha co obxectivo de sensibilizar e informar á sociedade sobre a importancia da doazón de medula ósea e de sangue do cordón umbilical.
Como novidade, a saída este ano será desde Vía Norte, diante do Centro Comercial Vialia de Vigo, ás 9:00 h para os camiñantes e ás 10:00 h para os corredores e os membros do DISCAMINO, que un ano máis participarán nesta experiencia solidaria que percorre 35 quilómetros desde a cidade olívica, partindo da recentemente inaugurada Senda Verde, ata
o seu destino final na pontevedresa praza da Peregrina.
A Asociación FRANGIL contra a leucemia, que ampara este evento, foi creada no ano 2017 e leva o nome e a positividade de Francisco Gil, que loitou durante 4 anos contra unha leucemia linfoblástica aguda. Aínda que non atopou un doante compatible, durante os seus últimos meses tentou, xunto ao seu irmán David Gil, fomentar e dar a coñecer este tipo
de doazón en vida.
Máis
Hora
4 xuño, 2023 09:00(GMT+01:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes