decembro, 2018
20dec20:006º Concerto Solidario de NadalCONCERTO | 8,00€20:00 Mar de Vigo
Detalles do evento
Evento organizado por S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos quen doará a recadación íntegra e a partes iguais a: Asociación Bicos de Papel: quen investirá a recadación en
Máis
Detalles do evento
Evento organizado por S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos quen doará a recadación íntegra e a partes iguais a:
- Asociación Bicos de Papel: quen investirá a recadación en apoiar a Investigación contra o Cancro Infantil e a construción dun parque infantil no Hospital Álvaro Cunqueiro, adaptado ás necesidades dos nenos que padecen dita enfermidade.
- Asociación Berce, quen investirá unha parte da recadación no seu proxecto “Sorrisos por Tiritas” e apoiarán, igualmente, a investigación contra o Cancro Infantil.
E para iso organizan unha Gala moi especial, dirixida a todos os públicos e, en especial ao infantil. Contarán co humor de Carlos Branco; a maxia e ilusionismo de Pedro Volta; a música de Ardentía e Magín Blanco e… moitas sorpresas máis para os máis pequenos!
A recadación, obtida coa venda de entradas, as accións de voluntariado do Comité S4 así como as achegas á fila cero, dóase integramente a ambas as entidades, repartindo a cantidade final ao 50%. Este evento, que alcanza este ano a súa sexta edición, culmina as accións de Responsabilidade Social Corporativa de S4.

Hora
(Xoves) 20:00