6ª Escola de Acción Social Crítica e Transformadora: "Comunidade é seguridade"
Detalles do eventos
Este mes de xullo celébrase a 6ª edición da escola de Acción Social Crítica e Transformadora que este ano celébrase en Coia co lema: Comunidade é seguridade. O 7, 8 e 9
Detalles do eventos
Este mes de xullo celébrase a 6ª edición da escola de Acción Social Crítica e Transformadora que este ano celébrase en Coia co lema: Comunidade é seguridade. O 7, 8 e 9 de xullo son as datas da edición de 2023 que este ano veñen ao barrio vigués de Coia, en concreto aos locais da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9, Vigo).
Compartimos o programa de actividades da sexta edición da escola organizada por Baladre, Zambra e ODS-Coia:
XOVES 6 xullo
20h00 | Presentación do libro: “Poniendo la vida en el centro” > http://odscoia.arkipelagos.net/607-presentaci%C3%B3n-do-libro-poniendo-la-vida-en-el-centro. Café UF (rúa Pracer 19, Vigo)
VENRES 7 xullo
18h00 – 18h30 | Acollida e inscricións
18h30 – 19h00 | Presentación da 6ª edición da escoliña: “Comunidade é seguridade”
19h00 – 21h00 | BLOQUE: “Saquemos as armas das nosas vidas”. Para introducir este bloque contaremos con:
– Diego Rueda (Sin Poli)
– Marifé Navarro (Alternativa Antimilitarista MOC)
21h30 | Cea
SÁBADO 8 xullo
10h00 – 12h00 | BLOQUE: “Cooperar para facer comunidade”. Para introducir este bloque contaremos con:
– Cooperativa Amorada
12h00 – 12h30 | Descanso
12h30 – 14h00 | BLOQUE: “Sen fronteiras máis libres”. Coa participación de:
– Angy (Educación Social Antirracista e Casa Comunitaria Aluandê)
– Asociación Movilidad Humana
14h30 | Xantar
16h30 – 18h30 | BLOQUE: “Infancia perigosa, infancia en perigo”. Coa participación de:
– Cintia Fresenga, integradora social en centro residencial para crianzas tuteladas
– Familia acolledora
18h30 – 19h00 | Descanso
19h00 – 20h30 | Recollida do traballado e peche
21h30 | Cea
DOMINGO 9 xullo
11h00 – Roteiro por Coia: saída desde a parroquia do Cristo da Vitoria. Pasearemos en común para coñecermos a historia de loitas e resistencias do barrio.
Inscricións nesta ligazón: rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/formularios/escuela-julio-2023
Máis
Hora
7 xullo, 2023 18:00(GMT+01:00)
Séguenos nas redes