5º Petisquiño – A Movida

outubro, 2018

25out(out 25)13:0011nov(nov 11)22:305º PetisquiñoCONCURSO TAPAS | De 1,50€ a 4,50€(outubro 25) 13:00 - (novembro 11) 22:30

Máis

Detalles do evento

Sesenta e dúas son as tapas participantes na quinta edición de O Petisquiño. Non será doado probalas todas, pero para tal efecto a organización do evento ten ampliado a duración do certame que se estenderá ata o domingo 11 de novembro. Os restaurantes participantes están distribuídos por toda a cidade, pois dende a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS), pretenden convertelo no evento gastronómico de referencia en Vigo e a súa área.

A mellor tapa será escollida entre o público e un xurado composto por doce persoas relacionadas co mundo da gastronomía. Para poder votar é necesario encher unha papeleta con cinco selos dos restaurantes participantes. Entre tódalas papeletas sortearanse premios das empresas patrocinadoras: Estrella Galicia, Pazo Casanova e Bodegas Santa Marta.

Consulta todos os locais participantes facendo click aquí.

Hora

Outubro 25 (Xoves) 13:00 - Novembro 11 (Domingo) 22:30

X