Igualarte: Con ollo de pez

13mai18:00Igualarte: Con ollo de pezESPECTÁCULOS | De balde18:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Durante o mes de maio a Fundación Igual Arte invadirá os escaparates de múltiples localidades para achegar a arte ao día a día do vaivén popular dentro do ciclo ‘Con arte’. Con ollo de pez é unha proposta artística urbana onde todos os transeúntes poderán vivenciar as distintas performance de danza, teatro, música, etc. Os escaparates servirán como escenario para as diversas propostas artísticas, que nacen da idea de achegar ao público o que pasa dentro dunha sala de ensaio, aproximándose así ao mundo da arte. Mostrarán as conversacións e as reviravoltas de prepararse para unha actuación, dando a coñecer con iso todo o traballo e esforzo que hai tras bambalinas.

Tras o seu paso polo Corte Inglés (Ramón e Cajal) da Coruña, este mércores 11 de maio comezan as actuacións no escaparate da Gran Vía do Corte Inglés de Vigo:

“ Al lío ”, ás 18.00 horas, coa performance “Así”, cuxa pretensión é poñer en valor o sentimento de pertenza de todas as persoas no espazo artístico.

Ás 18.45 é a quenda de “Variopinto”, que realizará un contacontos no que se reflicte o enriquecedor das relacións humanas.

O xoves 12 e o venres 13 de maio, actuarán no escaparate do Corte Inglés ás 18.00 “ Al lío” e ás 18.45 “Variopinto”.

“Al lío” farao o 12 de maio ás 18.00 horas con “Habitarme” e o día 13 con “Así”.

Trátase dun proxecto único e innovador, que busca demostrar que a arte é un medio de comunicación e unión universal. Un proxecto que reta ao espectador para ver ao artista desde outro ángulo, e reivindicar o espazo de todas as persoas dentro da arte.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events