
"Cando os bosques sintan frío" de Charo Valcárcel
11mar20:00"Cando os bosques sintan frío" de Charo ValcárcelACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00
Detalles do eventos
Este venres 11 de marzo, ás 20:00 horas nas instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise celebrar a presentación pública do libro “Cando os bosques sintan frío”, o
Detalles do eventos
Este venres 11 de marzo, ás 20:00 horas nas instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise celebrar a presentación pública do libro “Cando os bosques sintan frío”, o primeiro poemario de Charo Valcárcel, que en palabras do limiar de Antón Riveiro Coello é un “a suma ordenada dunha vida na que hai un inventario de perdas, mais tamén un canto emocionado á amizade, ao tempo ou á familia, con versos que soben da infancia, que adxectivan o silencio, que son un mergullo para os sentidos, que nos levan cara ao azul esperanza…”
O acto contará coa introdución da tamén escritora María Álvarez Landesa e a entrada ao mesmo é libre e gratuita ata completar aforo. Logo da presentación haberá recital e sinaturas.
Máis

Hora
(Venres) 20:00
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra