
De la hojalata al ultracongelado
Detalles do eventos
Quen foi Eduardo Cabello? Como foi a expansión do porto, e o contexto de Vigo na Galicia industrial? Que importancia tivo a conserva, os estaleiros e a industria
Detalles do eventos
Quen foi Eduardo Cabello? Como foi a expansión do porto, e o contexto de Vigo na Galicia industrial? Que importancia tivo a conserva, os estaleiros e a industria do frío? Que papel xogaron nomes tan coñecidos como Freire, Alfageme, Cardama, Armada, Cerqueira, Albo, Pescanova, Barreras…? A resposta a todas estas preguntas nun roteiro a pé descubrindo as obras arquitectónicas máis destacadas do Vigo industrial desde Bouzas ao Berbés. Xoias do noso pasado moitas das cales hoxe pasan desapercibidas entre os guindastres e o cemento e que agora poñemos en valor co obxectivo de preservalas.
Un roteiro documentado con planos e fotografías que farán cambiar a nosa imaxe do Beiramar que coñecemos, e concibida para entender mellor o desenvolvemento industrial de Vigo e algúns dos nomes e familias que marcaron a nosa historia e paisaxe. Un roteiro para os amantes de Vigo e a súa arquitectura.
Percorreremos parte do porto nun roteiro pensado para vigueses e curiosos que ao longo dun paseo cultural de 2 h e media coñecerán algúns dos símbolos que conforman a pegada do Vigo industrial máis puxante de principios do século XX.
Con explicacións e documentación a cargo dos expertos en patrimonio Esperanza Porto e David Amoedo. Esperanza Porto é historiadora da arte e máster en Xestión e Avaliación do Patrimonio ademais de guía acreditada. David Amoedo é técnico superior en aplicación e desenvolvemento de proxecto de construción e plans de obra., profesor de debuxo técnico especializado no grao de Enxeñería de Universidade de Vigo e desde 2003 dedícase á ilustración o humor gráfico e a pintura mural. En 2018 empeza “Alzados” proxecto que busca a difusión e posta en valor do patrimonio arquitectónico de Vigo.
Roteiro coordinado polo guía Borja Concheiro, guía oficial de Galicia, especializado na historia da cidade de Vigo e achegará tamén os seus coñecementos para ampliar o contexto sobre os personaxes e edificios que se verán durante o percorrido.
Duración: 2’5h aprox.
Punto de encontro: Pérgola da Alameda de Eduardo Cabello en Bouzas
Prezo:
- Adultos: 10€
- Adolescentes (de 12 a 18): 7€
*O prezo inclúe:
- Ruta documentada guiada por varios expertos locais en patrimonio industrial
- Coordinada por guía acreditado e experto en historia e curiosidades da cidade
- Seguro de Responsabilidade Civil
Entradas á venda en www.entradium.com
Domingo 12 ás 11:00
Máis
Hora
12 xuño, 2022 11:00(GMT+01:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes