23ago22:00'5 galegos e punto, cona!'ESPECTÁCULOS | Desde 19,80 €22:00(GMT+02:00) CC A Laxe
Detalles do eventos
O 23 de agosto chega á Azotea do CC A Laxe o espectáculo de comedia ‘5 galeg@s e punto, cona!’, protagonizado por Marta Doviro, Pepo
Detalles do eventos
O 23 de agosto chega á Azotea do CC A Laxe o espectáculo de comedia ‘5 galeg@s e punto, cona!’, protagonizado por Marta Doviro, Pepo Suevos, Carmen Méndez, Jazmin Abuín e Víctor Fábregas. Cinco caras moi coñecidas da comedia galega realizarán monólogos, xogos de improvisación, interaccións co público e máis, durante unha hora e media nun espazo único con vistas ás Illas Cíes. Unha experiencia para gozar do mellor humor galego ao aire libre.
O espectáculo nace da moda, cando comezaba a era de internet, consistente en reunir cinco monólogos e facelos pasar un tras outro polo micrófono, con títulos como ‘5 mulleres.com’. Deste xeito, parodiando este tipo de shows, reinventan o formato engadindo interactividade e improvisación.
As portas ábrense ás 21:30 h e o espectáculo comeza ás 22:00 h. A entrada custa 19,80 € e inclúe unha caña.
Hora
23 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

