4X4

17mar20:004X4ESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

PROGRAMA 4×4

Venres 17 e sábado 18, 20:00h

A experiencia consistirá nun percorrido por diferentes espazos gozando de distintas pezas: 4 compañías, 4 espectáculos, 4 espazos.

MURMURIOS CUÁNTICOS, Cinema Sticado

Teatro contemporáneo

Autoría, dirección e escenografía: Helena Varela
Deseño de son e música: Xosel Díez
Deseño de iluminación: Nora Pinheiro
Vestiario: Atenea García
Coreografía: Helen Bertels
Intérprete: Helena Varela
Idioma: galego

Aproveitar o corpo para mudar a voz, para mudar a pel. Crebar a palabra. Mmmmmm son. Gozar. A microcospía da palabra como goce para construír o verdadeiro. O primeiro murmurio.

NON OBSTANTE, LIFE IS A CABARET, AS YOU KNOW, Alopro

Teatro / cabaret / comedia

Autoría: Afonso Becerra e Alberte Bello
Dirección e dramaturxia: Afonso Becerra de Becerreá
Escenografía, iluminación e son: Alberte Bello
Vestiario: Alberte Bello e Miguel Delgado
Intérprete: Alberte Bello
Idioma: galego

Non é por frivolizar, ou si, pero tanta crise e tanto drama e tanto personaxe por aí solto xa me teñen até o curuto! Así que un pouco de cabaré marica non nos vai vir mal. Transformismo, travestismo, algún número musical, ironía, algunha confesión e moita pluma autóctona, nada de pavo real, pluma de pita do monte.

INTEMPESTIVA, Elahood

Danza contemporánea.

Dramaturxia: Gena Baamonde
Deseño de son e música: LLXNTO e Bruno Baw
Intérpretes: Sabela Domínguez e Julia Laport

Serse Intempestiva Os corpos de Elahood entran nun xogo de identidades coa figura e obra de Xela Arias. Xénero,
identidade galega, raíces e precariedade entrelázanse para cuestionar que é facer algo de proveito.

HISTRIÓNICA!, Mónica Sueiro

Autoría, dirección, escenografía e vestiario: Mónica Sueiro
Deseño de iluminación: Naila Rodsuá
Música e letra de “Estou ata a cona”: Sergio Llauger
Intérprete: Mónica Sueiro
Idioma: galego

Histriónica! (en quince minutos) é unha comedia excéntrica e metateatral. No principio foi a actriz e no seu desenvolvemento só quedou a actriz. A escusa é o desexo de actuar, de xogarse o tipo ante o público cunha peza da que a protagonista, “a actriz”, sabe tanto como o público presente. Só ten quince minutos, e poden ser unha eternidade. Así que non lle queda outra que saír do establecido, rir do seu fracaso mentres camiña no desequilibrio entre a necesidade de estar no mundo actoral e o riso, esa vía de escape tan necesaria.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events