RevistaXuño23

18dec11:00DE LA HOJALATA AL ULTRACONGELADOACTIVIDADES PARA O COCO | 7,00 €11:00 Alameda de Bouzas

DE LA HOJALATA AL ULTRACONGELADO

Quen foi Eduardo Cabelo?

Como foi a expansión do porto, e o contexto de Vigo na Galicia industrial?

Que importancia tivo a conserva, os estaleiros e a industria do frío?

Que papel xogaron nomes tan coñecidos como Freire, Alfageme, Cardama, Armada, Cerqueira, Albo, Pescanova, Barreras…?

A resposta a todas estas preguntas nun roteiro a pé descubrindo as obras arquitectónicas máis destacadas do Vigo industrial, desde Bouzas ao Berbés. Xoias do noso pasado moitas das cales hoxe pasan desapercibidas entre os guindastres e o cemento e que agora poñemos en valor co obxectivo de preservalas. Un roteiro documentado con planos e fotografías que farán cambiar a nosa imaxe do Beiramar que coñecemos, e concibida para entender mellor o desenvolvemento industrial de Vigo e algúns dos nomes e familias que marcaron a nosa historia e paisaxe. Un roteiro para os amantes de Vigo e a súa arquitectura.

Guiado pola historiadora da arte Esperanza Porto e o arquitecto técnico, profesor e debuxante David Amoedo. Organizado por Vigo Turístico.

Dúas datas:
Sábado 18 de decembro ás 11h

Saída desde a pérgola na Alameda de Eduardo Cabelo en Bouzas

Máis

Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

X