
Ciclo de outono da OV430: 'Contos de fadas'
13nov20:00Ciclo de outono da OV430: 'Contos de fadas'CONCERTOS | De balde20:00
Detalles do eventos
A Orquestra de Vigo 430 presenta un novo Ciclo de Outono que acollerá catro concertos entre os meses de setembro e decembro.
Detalles do eventos
A Orquestra de Vigo 430 presenta un novo Ciclo de Outono que acollerá catro concertos entre os meses de setembro e decembro.
O 13 de novembro chegará outra colorista proposta do Ensemble Vigo 430 titulada “Contos de fadas”, coa violista exipcia Sindy Mohamed, que actuará xunto con diferentes formacións camerísticas.
O concerto terá lugar ás 20:00h no Auditorio Martín Códax. A entrada será gratuíta, pero será necesaria reserva. A mesma poderá formalizarse en reservas@vigo430.com, ata completar aforo. Para quen non poida facerse cunha entrada ou achegarse ao concerto, a OV430 estableceu un acordo de colaboración coa plataforma ‘Tolemias’, e os concertos poderán seguirse en streaming.
PROGRAMACIÓN
– 18 de setembro: ‘A percusión arredor do mundo’
– 24 de outubro: ‘As catro estacións segundo Piazzolla’
– 13 de novembro: ‘Contos de fadas’
– 15 de decembro: ‘Almudaina’
Máis

Hora
(Sábado) 20:00
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra