Bluefest: Zenet + Dani Nel·lo e Los saxofonistas salvajes

22out21:30Bluefest: Zenet + Dani Nel·lo e Los saxofonistas salvajesCONCERTOS | Desde 20,00 €21:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Zenet chega co seu proxecto “Zenetianos” ao Mar de Vigo o 22 de outubro. O cantante malacitano, dotado dunha característica capacidade lírica, deulle unha volta aos seus temas máis coñecidos no seu último traballo: “Zenetianos” no que colaboraron interpretes como Javier Ruibal, Coque Malla, Silvia Pérez Cruz, Rozalen, Vanesa Martín ou El Kanka entre outros. 

Esas versións dos seus propios temas, e outras de traballos recentes coma “La Guapería” soarán no concerto que se celebrará no auditorio interior do Mar de Vigo 21.30 horas.

Dani Nel·lo, chegará a Vigo acompañando dunha auténtica banda all- star de luxo, Los saxofonistas salvajes. Arroupado por algún dos mellores músicos de rhytm and blues, jazz e rock ́ n ́ roll da escena estatal, Nel·explórao a tradición do saxofonismo salvaxe para desenvolver a súa propia voz. Unha reivindicación do papel do saxofón dentro da música popular na súa faceta máis visceral e subversiva.

As entradas xa poden comprarse en www.teuticket.com dende 20 euros.

Máis