45 Aniversario Escuela de Danza Pasiños
Detalles do eventos
Corenta e cinco anos pasaron desde que Mariña Cobián e María Gloria Casais fundaron a Escola de Danza Pasiños, unha das precursoras da formación na quinta arte da
Detalles do eventos
Corenta e cinco anos pasaron desde que Mariña Cobián e María Gloria Casais fundaron a Escola de Danza Pasiños, unha das precursoras da formación na quinta arte da cidade olívica. Mariola Pérez Puga e Alejandra Cela Gallego, alumnas que tomaron a testemuña e actuais directoras da academia, celebran, xunto ás demais profesoras e alumnas, a función de fin de curso “The Beatles” o vindeiro luns 26 de xuño no Teatro Cinema Salesianos de Vigo ás 19.30h.
As entradas están á venda na Escola (López de Neira, 19, baixo), ou no despacho de billetes do Teatro o propio luns a partir das 19.00h.
Pasiños educa na actualidade en danzas de diferentes disciplinas: ballet clásico, danza española, contemporánea, jazz…, así como a bailarinas de todas as idades. É así que os 22 bailes que se presentan o 26 de xuño serán protagonizados por alumnas de entre 2 e 93 anos.
Danza Pasiños: “The Beatles”
Entraron no imaxinario da escola fai un par de anos para dar cor e transformar sensacións en espectáculo, o que tras moito esforzo e horas de traballo verá a luz nunha función que esconde unha homenaxe moi especial ao ritmo de Hey Jude, Come Together, Lucy in the Sky with Diamonds, Help e tantos outros clásicos interxeracionais.
PROGRAMA
- Live and let die
- Yellow Submarine
- Girl
- I want to hold your hand
- Strawberry fields forever
- I want you
- Help
- The fool on the hill
- Lucy in the sky with diamonds
- Norwegian wood
- Octopu’s garden
- Let it be / Eleonor Rigby
- Something
- I feel fine
- Come together
- Revolution
- Can’t buy my love
- Do you want to know a secret
- Oh Darling!
- Get back
- All my loving
- Hey Jude
Máis
Hora
26 xuño, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes