40ª Travesía a nado – A Movida

agosto, 2018

05ago11:0040ª Travesía a nadoPROBA DEPORTIVA | De balde11:00 Praia do Vao

Máis

Detalles do evento

Este domingo 5 de agosto chega, como nos últimos 40 anos, a mítica Travesía a Nado El Corte Inglés, que sairá ás 11:00 da praia do Vao e terá dúas categorías: a travesía popular e a proba de augas abertas. Este mércores 1 de agosto é o día límite para inscribirse. 

As dúas probas que atoparemos este sábado 5 no Vao ás 11:00 serán a Travesía a nado popular, na que pode apuntarse calquera persoa interesada, que constará dunha lonxitude de media milla náutica, algo menos dun quilómetro. Pola outra banda, estará a proba competitiva, o 5º Trofeo de Augas Abertas Mar de Vigo, de 2 km e medio, dirixido a profesionais da natación, que veñen de todas partes da península, e incluso algún de fóra dela. A única novidade é que, según a nova normativa, está permitido o uso de neopreno para combater as frías temperaturas.

Tras unha longa travesía a nado, os 6 primeiros nadadores e nadadoras das Augas Abertas recibirán unha dotación económica, mentres que na travesía popular, ademais dos tres primeiros e primeiras, serán premiados o nadador e a nadadora de maior idade que consigan completar a proba. A maiores, todos os e as participantes recibirán un obsequio conmemorativo.

Hora

(Domingo) 11:00

Lugar

Praia do Vao

36331 Vigo, Pontevedra

X