REVISTA ABRIL

'MARWA. PEQUEÑA Y VALIENTE' + 'Supa Modo'

12out19:0021:00'MARWA. PEQUEÑA Y VALIENTE' + 'Supa Modo'ACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 2,00€19:00 - 21:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O vindeiro luns día 12 é festivo, pero no Cineclube Lumière celebran ás “Pilares”, traballando con doble sesión! Todas as Pilares acreditadas, están invitadas á sesión das 19h, ó documental “Marwa, pequena e valente”, da directora Dina Naser, que proxectan en colaboración coa Universidade de Vigo, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na praza do Rei. É apto para todos os públicos, podedes levar á xente máis miúda da casa! Entrada de balde para as persoas asociadas ao Lumiére e da comunidade universitaria. Para o resto do público a cota é de 2 euros.

SINOPSE

A pequena Marwa vive nun campo de refuxiados dende que toda a familia fuxiu de Siria. O documental segue a súa vida cotiá, un espíritu vivo e aberto que non entende de paredes nin barrotes. 

Ao remate, terán a sesión dos luns, co filme “Supa Modo”, do realizador Likarion Wainaina,  ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello. É tamén apto para todos os públicos.

SINOPSE 
Unha nena de nove anos é fan entusiasta dos filmes de acción e soña con ser unha superheroina. O seu maior desexo é rodar unha película e ser a protagonista. Grazas a súa imaxinación esquece que está na fase terminal dunha grave doenza. A súa irmán a anima a empregar todos os seus poderes máxicos.

Máis

Hora

(Luns) 19:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events