CAMELIAS NADAL

'4 PROXECTOS': MÓNICA ALONSO, ROSENDO CID, SALVADOR E JUAN CIDRÁS E MAR VICENTE

10abrTodo o día'4 PROXECTOS': MÓNICA ALONSO, ROSENDO CID, SALVADOR E JUAN CIDRÁS E MAR VICENTEARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A peculiaridade dos seus espazos é un dos sinais de identidade do MARCO, en especial os da súa planta baixa, na que se percibe a súa formulación arquitectónica como panóptico: patios amplos con luz cenital, galerías de planta rectangular, e sala central cuberta con cúpula. Se os patios suxiren intervencións con carga escenográfica, as galerías permiten un planeamento máis tradicional; e o espazo central, o ollo do panóptico, posúe unha innegable carga poética, que fai que se perciba como unha sala autónoma.

Partindo desa singularidade, en 4 PROXECTOS pediuse a catro artistas que dialogasen con eses espazos, respectándoos, facéndoos maleables, potenciando as súas calidades, transformándoos. Todos mostran obra recente, a maioría producida para esta ocasión. Ningún coñeceu ata os días de montaxe a intención dos seus compañeiros.

Os artistas reunidos son galegos, naceron entre 1965 e 1979, déronse a coñecer moi novos e viaxaron e vivido en distintos países. Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) en A maxia do colibrí. Seis casos desesperados, mostra unha instalación na que a palabra, o relato, adquire un protagonismo esencial. Mestura tradición, un modo de narrar poético, austero, e un fondo confesional. En As formas partilladasSalvador Cidrás (Vigo, 1968) e Juan Cidrás (Moaña, Pontevedra, 1965) traballan con materiais como a cerámica e o téxtil, aos que semellan dar a volta, buscando as sorpresas dun proceso de produción que os leva a resultados dunhas densas calidades plásticas. Cerámicas orgánicas, pinturas que valoran as texturas, a multiplicidade de focos, murais que se expanden.

Rosendo Cid (Ourense, 1974), en Todo aquilo que sucede e con todo non é, recorre aos materiais que habitan o seu estudio para formular unha serie de esculturas que funcionan co sentido e intensidade dos poemas breves, mentres noutras obras explora os xogos de sentido, a palabra e as preguntas referidas á memoria e á arte. En Sombras e corMar Vicente (O Valadouro, Lugo, 1979) transforma os espazos a partir da luz, cor, medida, razón e ilusión óptica, conseguindo que o espectador estableza o sentido da súa experiencia. E todo con elementos mínimos, nada retóricos. Como o golpe de dados de Mallarmé: misterio e rigor, intensidade e emoción.

Horario:  

  • Martes a sábados (festivos incluidos): 11.00 -14.30 e 17.00 – 21.00
  • Domingos: 11.00 – 14.30

Máis

Hora

10 abril, 2021 (Todo o día)(GMT+01:00)