OV430

12dec23:5935 Aniversario La Iguana: Sesión Vibra Mahou con DJ PerediusCONCERTOS | De balde23:59(GMT+01:00) La Iguana Club

Detalles do eventos

🌟WARM UP: POSADA (00:30-01:30)
🌟LONG SET: P•E•R•E•D⚡️U•S (01:30-04:30)

O 13 de decembro de 1990 abriu as súas portas o que se considera o templo do rock vigués, La Iguana Club. Dende entón pasaron 35 anos e o número 14 da rúa Churruca continúa a ser un espazo de referencia na cidade.

Para celebrar esta efeméride, o venres 12 de decembro a plataforma de música de Mahou Cinco Estrelas organiza unha Sesión Vibra Mahou, a cargo do DJ David Pereda “Peredius”, un dos remezcladores máis activos do panorama indie estatal.

Peredius é enxeñeiro de son, produtor, DJ e músico, e nas súas sesións adapta a música ao lugar e ao momento cunha técnica elegante, mesturando estilos como pop, rock, electrónica, disco, house, etc., cun denominador común: o baile.

Como DJ pinchou en Sonorama Ribera, Mad Cool, Low Festival ou Vibra Mahou Fest, e actualmente está mergullado na produción de eventos de Hi Music, que inclúen tardeos e clubs como Pompa e Zebra, entre outros.

Hora

12 decembro, 2025 23:59(GMT+01:00)

Localización

La Iguana Club

Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España

Other Events