bannerRevistaOnline

10feb20:003240ESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00 Auditorio Municipal do Concello

3240

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

3240, DeuVe

Venres 10 e sábado 11, 20:00h

Teatro contemporáneo. Galego. Público adulto. Estrea mundial.

Autoría: Deborah Vukusic
Dirección: Cristina Moreira
Escenografía: José R. Bas
Vestiario: Jandro Villa
Deseño de iluminación: Javier Quintana
Coreografía: Marta Alonso Tejada
Deseño de son e música: Jesús Andrés Tejada
Intérprete: Deborah Vukusic

3240 podería ser o título dunha película de Wong
Kar-Wai, a matrícula dun coche ou o contrasinal
dunha caixa forte, por exemplo, pero en realidade
é o prezo do amor. O amor por un mito. Que
pasaría se a persoa á que sempre admiraches se
puxese en contacto contigo? Que farías por
coñecela? Canto custa un litro de endorfinas? No

ano 2020 os delitos informáticos aumentaron o 70%, o equivalente aos cometidos nos 5 anos anteriores e esta é unha historia baseada en feitos reais sobre as relacións nas redes, a mitomanía, as obsesións e as estafas. Un relato gótico e romántico para falar da tecnoloxía e a soidade, do catfishing, o doxing e todos ING Direct aos que a protagonista lle debe cartos por culpa do amor. Axudaraa esta peza a recuperarse? Axúdala ti?

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X