bannerTerraCeo
bannerRevistaOnline

febreiro, 2022

Este é un evento repetitivo

11feb20:00Festival Isto Ferve: 30 años de éxitosESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

Festival Isto Ferve: 30 años de éxitos

A OBRA

Unha mirada desde o corpo á traxectoria artística e persoal de dúas persoas que colocaron o corpo nunha posición central das súas vidas. Dúas bailarinas, Mercedes Recacha e Viaviane Calvitti, con máis de 30 anos de experiencia sobre os escenarios. E unha mirada cara ao propio corpo hoxe en día.
A proposta aborda o movemento como reflexo da personalidade das persoas que bailan. Ese reflexo permitiranos gozar de todo aquilo que pode transmitir un corpo en movemento, un corpo que leva máis de trinta anos bailando. Unha maneira de ver o corpo como un arquivo vivo, un contedor de experiencias vitais que recibe e emite desde a frecuencia do movemento. Unha visión integral da persoa que baila, considerando tanto a calidade e capacidade de movemento actual como a súa personalidade e traxectoria.

ISTO FERVE

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, Co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano, o Festival de Teatro e Danza adoita mesturar no seu programa compañías veteranas e novas (este ano terán dous Premios Nacionais de Danza), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, por iso é polo que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Máis

X