CAMELIAS NADAL

27nov19:3030 anos de BeijingACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Resposta Feminista presentan As veteranas de Beijing relatan a súa experiencia 30 anos despois. Quen? María Xosé Porteiro e Pilar García Negro conversan con Priscila Retamozo. Cando? O xoves 27 de novembro de 2025. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

Faise coincidir esta actividade coa semana do 25N, a xornada de concienciación sobre a violencia contra as mulleres, e co trinta aniversario da IV Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Beijing, China, entre o 4 e o 15 de setembro de 1995.

Beijing 1995 foi un inédito punto de encontro internacional para os feminismos en ascenso. Alí tamén estiveron as galegas. Hoxe, trinta anos despois, recóllese aquela herdanza e valóranse os avances con dúas das mulleres que alí representaron a Galicia, Mª Xosé Porteiro e Pilar García Negro, para facer balance dos logros acadados polo feminismo desde entón, prestando especial atención, debido ás datas, á violencia contra as mulleres.

O colectivo Resposta Feminista, co que se organiza este acto, é un espazo de confluencia feminista composto por máis de 60 mulleres a título individual e unha ducia de colectivos, organizados para artellar feminismo na cidade de Vigo. Pensan e actúan en clave galega, bebendo dos feminismos autónomos e das plataformas feministas galegas que as precederon, e están comprometidas en dar resposta urxente nas rúas da cidade aos ataques do patriarcado.

Hora

27 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events