outubro, 2019

26out21:002ª parte do web doc 'Fai Rúa'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde21:00 Praza do Abanico

Máis

Detalles do evento

A Asociación Cultural Barrio Alto de Vigo estreará o próximo 26 de outubro ás 21:00 na Praza do “Abanico” a ampliación do “Fai Rua”, un documental pensado para a web (webdoc) que se compón de 60 vídeos sobre o patrimonio material e inmaterial da zona alta do Casco Vello de Vigo.

Na web do proxecto www.fairua.com hai un mapa do barrio con diferentes vídeos xeolocalizados de entre un a tres minutos de duración. Accedendo a esta páxina poderemos saber a localización exacta da mítica Casa da Collona e a que debe o seu nome, a historia da vez que a lotería de Nadal deixou máis millóns na cidade de Vigo repartindo 900 entre as veciñas e veciños da Ferrería, ou a película que Adolfo Marsillach rodou nos anos 70 no barrio chinés vigués. Nesta nova fornada de vídeos poderemos coñecer as historia do mítico bar Verín, da desaparición da porta do Baluarte de San Sebastián ou das dificultades de ter un bar de “ambiente” en plena ditadura.

Os diferentes vídeos que conforman o webdoc agrúpanse en catro categorías. A primeira delas, a de “patrimonio”, complétase con vídeos sobre o Asilo e a construción do Paseo de Alfonso. A categoría “veciñanza” serve para coñecer a algunhas das persoas que habitan do barrio, tanto as que levan alí toda a vida como as recentemente chegadas. A categoría “comercios”, pola súa banda, componse de vídeos que mostran a actividade do barrio. E por último, a categoría “historias do barrio” será a que teña maior peso e nela son as veciñas e veciño quen nos conta todas as curiosidades e anécdotas dos últimos 80 anos de historia do barrio.

A iniciativa parte da Asociación e desenvolveuse desde o mes de setembro ata febreiro. Ramón Viéitez e a xunta directiva da asociación son os encargados da documentación e a produción, Roi Guitián é o realizador audiovisual, Fabio Souto fixo a programación web, Noemí Díaz encargouse do deseño gráfico e María Lobo participou como axudante de produción e redactora. Así mesmo, no proxecto colaboran diferentes institucións públicas e persoas particulares que cederon arquivo fotográfico, documental e audiovisual.

“Fai Rúa” nace coa vontade de visibilizar a memoria colectiva do barrio, en pleno proceso de rehabilitación, e de rescatar aquelas historias e persoas que construíron a súa identidade.

O resultado é aberto de modo que o proxecto poderase ir completando con máis historias ao longo dos anos, non ten ánimo de lucro e todos os contidos publicaranse baixo licenza Creative Commons, o que permitirá que se compartan os vídeos por internet e redes sociais, reforzando o carácter cultural e divulgativo do mesmo.

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Praza do Abanico

Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra

X