2ª Gran Feira Do Fogar – A Movida

novembro, 2018

11nov11:0021:002ª Gran Feira Do FogarFEIRA | De balde11:00 - 21:00 IFEVI

Máis

Detalles do evento

A 2ª Gran Feira Do Fogar de Vigo , celébrase o 9, 10 e 11 de Novembro do 2018, no Recinto Feiral IFEVI , de Vigo.

Horarios:
Venres 9: de 12:00 a 21:00
Sábado 10 e domingo 11: de 11:00 a 21:00

ENTRADA GRATIS antes do 9 de novembro ás 12:00h comprando a entrada pola web, desde ese momento, o prezo da entrada será de 2€ .

Esta segunda edición , estará cargada de novidades en sectores como mobles, electrodomésticos , téxtil fogar , descanso , iluminación , cadros , enxoval, empresas auxiliares etc , con prezos como sempre, imbatibles. Ademais, haberá unha selección de produtos delicatessen, moi bos prezos e unha calidade excepcional.

Pero a gran novidade é a instalación dunha tirolina de 150 metros nuns dos pavillóns. Os que se atravan a montar nela podrán deslizarse a unha altura de dez metros. O único límite, ademais do medo, é pesar entre 20 e 90 kilos. A empresa instaladora asegura que a tirolina está pensada para tódolos públicos e para evitar a frenada brusca a prol da desaceleración progresiva.

Os horarios da tirolina son diferntes aos da Feira do Fogar: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
O prezo dunha viaxe é de 4 euros e dúas viaxes por 6 euros.

Hora

(Domingo) 11:00 - 21:00

Lugar

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

X