novembro, 2019

21nov20:0029º Semana de Cine SubmarinoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

Todas as proxeccións, que son de balde ata completar o aforo do teatro, comezarán ás 20.00 horas. O festival desenvolverase entre os días 20 e 22 de novembro no Teatro Afundación, onde se proxectarán un total de sete traballos audiovisuais, dos que tres serán analizados polos seus propios autores: Nuno Sá, David Álvarez e Jorge Candán. Precisamente, o realizador galego será homenaxeado o mércores 20 en recoñecemento a súa recente vitoria no Campionato do mundo de vídeo submarino 2019 polo seu traballo O retorno, que se proxectará ese mesmo día.

MÉRCORES 20 Nov  – 20:00h

Acto de recoñecemento da Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo a Jorge J. Candán pola consecución do Campionato do Mundo de Vídeo Submarino 2019

O RETORNO

Hai 1112 anos que ningún ser humano habita o planeta Terra…

Hai séculos que a humanidade se viu obrigada a abandonar un planeta…,

ermo, contaminado, maltratado e demasiado cálido…

“O retorno” pretende enviar unha mensaxe de conservación do noso planeta. Unha mensaxe moi divulgada na actualidade, pero neste caso desde dun punto de vista e unha atmosfera completamente diferente. Nunha atmosfera futurista este traballo mostra un futuro imaxinario, desalentador e indesexable para a humanidade, pero sen deixar de reflectir a beleza e a biodiversidade dos ecosistemas mariños.

GUERREIROS DOS OCÉANOS

Nat Geo Wild segue loitando para apoiar as especies en perigo de extinción con «misión crítica». «Temos o poder de elixir. Pero o tempo para tomar esa decisión estásenos escapando. Aínda está nas nosas mans», afirma Sylvia Earle neste documental, que conta con expertos conservacionistas como Earle e Enric Sala. A recoñecida bióloga mariña de National Geographic é unha das voces cualificadas que, xunto a outros compañeiros, como o explorador residente da sociedade National Geographic, Enric Sala, alertan sobre a terrible situación dos nosos fondos mariños sen perder o optimismo e buscando solucións realistas e alcanzables para todos e todas. O biólogo mariño español lidera, ademais, o proxecto Pristine, unha aposta da sociedade National Geographic destinada a protexer enclaves mariños seriamente ameazados pola contaminación ou a pesca non-regulada. Para estes expertos, é esencial que a xente entenda que aínda é posible cambiar as cousas, e por iso embárcase nunha misión moi especial que o levará a Palau, un pequeno estado situado no océano Pacífico e composto por unhas 250 illas e illotes. Para moitas persoas trátase da «xoia do Pacífico», recoñecido como un dos grandes paraísos para o mergullo, pero é tamén todo un exemplo de boa conservación.

SALVEMOS O NOSO MEDITERRÁNEO

A posidonia oceánica é algo máis ca unha planta acuática: é a nosa principal fonte de osíxeno. E está a piques de desaparecer, o que deixa nunha situación (aínda máis) crítica o Mediterráneo, que xa alcanzou niveis récord de contaminación: concentra 1,25 millóns de fragmentos de microplásticos por quilómetro, tal e como indica o informe de WWF. Unha trampa do plástico. Unha clara ameaza para a fauna mariña e, en consecuencia, para a saúde humana. O biólogo Manu San Félix, que dedicou máis de trinta anos da súa vida a estudar e a loitar pola conservación do Mediterráneo, afonda na importancia de crear traballos como este para contribuír á concienciación do público espectador. «É a través do encontro con científicos e expertos como se poden analizar os principais problemas e ameazas, así como as posibles solucións para salvar o Mediterráneo.»

 

XOVES 21 Nov  – 20:00h

 

PLANETA AZUL II: O OCÉANO

Planeta azul, realizada pola BBC, é a primeira serie documental exhaustiva sobre a vida nos océanos do mundo. A gravación durou cinco anos e tivo un orzamento de 10 millóns de dólares para producir esta serie que é todo un fito na exploración do océano, un mundo do que se sabe menos ca da Lúa. A serie vai máis lonxe e máis profundo para mostrar a vida nos océanos como nunca antes se viu. As extraordinarias imaxes desta serie documental mariña mostran o mar na súa faceta máis sorprendente e cativadora. Mergúllate nun mundo de arrebatadora beleza e descobre novas especies, visita hábitats nunca vistos e sé testemuña de relatos de supervivencia nunca antes captados por unha cámara.

MAR, A ÚLTIMA FRONTEIRA: CONTINENTE

O equipo de mergullo «Mar, a última fronteira» parte de Sagres para navegar máis de 400 km e somerxerse nas augas cristalinas e animadas que rodean a montaña submarina máis grande de Europa, o Banco Gorringe. Fóra de Sesimbra, mergullaranse rodeados de rápidas quenllas e logo partirán cara á asollada costa de Cascais para descubrir o mellor lugar do país onde somerxerse con melgachos. Terminamos a nosa viaxe en Matosinhos para mergullarse entre os cascallos dun submarino alemán da segunda guerra mundial.

 

VENRES 21 Nov  – 20:00h

 

MAR, A ÚLTIMA FRONTEIRA: AZORES I

O equipo de mergullo «Mar, a última fronteira» parte cara ás illas Azores para embarcarse nalgunhas das experiencias máis extremas que se poden experimentar no mar de Portugal. Desde a illa Faial descenderemos mil metros de profundidade, a bordo dun dos poucos submarinos do mundo capaces de resistir as presións extremas das augas abisais. Pero non nos detemos aquí, continuaremos mergullando co animal máis grande que o planeta Terra habitou, o colosal rorcual azul, e visitaremos a única reserva mariña voluntaria de Portugal na illa máis pequena dos Azores.

O OCASO DO REI

Entre todos os habitantes do río, o salmón espertou a atención dos seres humanos desde tempos inmemoriais, xa que mesmo aparece nas primeiras pinturas rupestres á beira de bisontes, cabalos e renos como proba da súa importancia desde a prehistoria.
Ao longo da historia, os salmóns foron pescados tanto no mar coma no río cando regresaban para reproducirse, e tras séculos de persecución e de destrución do seu hábitat, os sobreviventes daqueles magníficos animais sobreviven en menos dunha terceira parte dos ríos que ocuparon no pasado. No sur de Europa, no límite máis meridional da súa distribución natural, algúns deles aínda permanecen como un recordo vivente da última era glaciar, xunto a osos pardos e a pitas do monte.

Neste documental seguiremos os salmóns ao longo do seu incrible ciclo de vida, desde o seu nacemento ata a súa viaxe cara ao océano e o regreso ao río que o viu nacer, e falaremos da súa relación co ser humano, desde a antigüidade ata os nosos días.

 

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X