21abr19:0029+1 Xeolugares arredor da ría de VigoESPECTÁCULOS | Desde 21,00 € 19:00(GMT+02:00) UNED
Detalles do eventos
O curso propón un percorrido polos procesos naturais e culturais que conformaron e conforman as paisaxes arredor da ría de Vigo, dende o presente Antropoceno ata o pasado
Detalles do eventos
O curso propón un percorrido polos procesos naturais e culturais que conformaron e conforman as paisaxes arredor da ría de Vigo, dende o presente Antropoceno ata o pasado xeolóxico máis remoto.
Os 29+1 xeolugares escollidos arredor das rías serven de guía para recoñecer os relictos das paisaxes pasadas, conservados entre as transformacións do presente.
Unha visita complementaria a un pequeno treito do litoral vigués permitirá achegarse a un caso práctico de acción patrimonial.
Programa
Martes, 21 de abril
19:00 h -21:00 h – Introdución ao curso
- O Antropoceno como proceso de perda de límites entre o natural e o cultural.
- Os procesos de patrimonialización no contexto do Antropoceno.
- A acumulación de patrimonio no contexto do Antropoceno e na perspectiva de Françoise Choay.
Mércores, 22 de abril
19:00 h -21:00 h – Os procesos de patrimonialización arredor da ría de Vigo
- Nova museoloxía, concepto de Museo-Territorio e accións musealizadoras.
- Un caso práctico de fetichismo patrimonial: a espectacularización da natureza no Peirao do Solpor do recheo portuario de Bouzas.
- Introdución á historia xeolóxica e cultural da paisaxe na ría de Vigo.
- As 29+1 olhadas sobre a paisaxe arredor da ría de Vigo I.
Xoves, 23 de abril
19:00 h -21:00 h – As 29+1 olhadas sobre a paisaxe arredor da ría de Vigo II
Venres, 24 de abril
16:00 h -18:00 h – Actividade presencial
- Visita ás praias da Calzoa–Fontaíña–Baluarte en Coruxo para coñecer os valores naturais e culturais deste pequeno treito do litoral, os conflitos entre os diferentes usos e o planeamento, e discutir as posibilidades da acción patrimonial.
Hora
21 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
UNED
Av. da Beiramar, 59, PLANTA 4ª, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril


