
Detalles do eventos
O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo ten o pracer de anunciar que, o próximo día 26 de outubro de 2023, irá celebrar o
Detalles do eventos
O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo ten o pracer de anunciar que, o próximo día 26 de outubro de 2023, irá celebrar o 25o aniversario da súa creación. As conmemoracións decorrerán na súa sede, na Casa de Arines, no centro histórico de Vigo.
Foi en 1998 que o Camões – Centro Cultural Portugués (CCP) en Vigo tivo o privilexio de se instalar nun dos edificios máis emblemáticos da cidade, a Casa de Arines, xenerosamente cedida polo Concello de Vigo ao Camões, I.P. e belisimamente restaurada polo Arq. Alfonso Penela. Desde que abriu as súas portas, o Camões – CCP en Vigo desenvolve unha intensa actividade de promoción da lingua e da cultura portuguesas na Galiza.
A cerimonia será presidida por S. Exa. o Embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes. Na cerimonia estarán tamén presentes o Vicepresidente do Camões – Instituto da Cooperación e da Lingua, I.P., Dr. Ricardo Victória, ben como representantes do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia. A cerimonia terá inicio ás 19:00h, na Sala Multiusos, e reunirá, igualmente, representantes das universidades galegas e dos socios culturais do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, así como estudantes, usuarios do centro e público xeral.
Seguidamente, será presentado un vídeo comemorativo do 25o aniversario, que incluirá mensaxes enviadas por varias entidades unidas ao Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo por lazos de parceria.
Seguirase unha curta representación teatral do EU.EXPERIMENTO, grupo de teatro afeccionado do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, a cal terá como obxectivo celebrar a lingua e a cultura portuguesas e a relación entre Portugal e a Galiza.
De seguida, inaugurarase a exposición 25 Anos do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo. A exposición será inaugurada, ás 20:00h, cun brinde do Vicepresidente do Camões, I.P., Dr. Ricardo Victória, seguido dun Porto de Honra.
A exposición poderá ser visitada de 26 de outubro a 29 de novembro de 2023 na sala multiusos do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo.
Máis
Hora
26 outubro, 2023 19:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual