>

23xuñ10:0014:0025 aniversario CETMAR: Diálogos do marACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 - 14:00(GMT+02:00) Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

Detalles do eventos

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR celebra este mes o seu 25 aniversario cun programa especial de actividades pensado para compartir coa cidadanía parte do traballo desenvolvido polo centro ao longo deste cuarto de século.

12 de xuño · 10:30 a 20 h · CETMAR (Rúa Eduardo Cabello s/n, Bouzas Vigo) – LONXALAB: Feira científica para todas as idades.

Ao longo da xornada, as persoas asistentes poderán participar en diferentes obradoiros, xogos e actividades relacionadas coa contaminación mariña, a pesca sostible, a captura accidental de especies, a observación do mar ou o ruído mariño, entre outras cuestións vinculadas ao traballo diario do centro.

Ademais das actividades participativas, o espazo contará con elementos expositivos, entre eles unha maqueta dunha batea, un faro, unha gamela ou a cabina do Caneliña, convertendo a explanada nun espazo aberto de encontro entre ciencia, mar e cidadanía.

13 de xuño · 11:00a13h · Praia de Bouzas – REGATA DE EMBARCACIÓNS SOLARES

Organizada pola asociación A Industriosa co apoio de Marine Instruments e coa colaboración de CETMAR, a iniciativa reunirá estudantes de Bacharelato que deseñaron e construíron embarcacións impulsadas mediante enerxía solar.

A competición desenvolverase entre as 11:30 e as 14:00 horas, aínda que desde as 9:00 da mañá os equipos participantes exporán os seus prototipos e realizarán probas previas. A actividade busca fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre a mocidade a través da aprendizaxe práctica e do contacto coa innovación.

23 de xuño · 10 a 14 h · CETMAR – DIÁLOGOS DO MAR: Conversas con expertos de CETMAR e colaboradores abertas á participación do público

Persoal traballador do centro e expertos colaboradores protagonizarán unha serie de conversas centradas en tres temas estratéxicos: a dimensión humana do mar, os esforzos conxuntos contra a contaminación mariña e a cooperación internacional para o desenvolvemento do talento.

O encontro está pensado como un espazo de reflexión aberto á participación do público. É de balde, pero require inscrición.

Hora

23 xuño, 2026 10:00 - 14:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

Other Events