VIALIA
bannerPicnicSesions

'2 viaxes'

31mar20:00'2 viaxes'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

Primeira presentación da reedición facsimilar do álbum gráfico 2 Viaxes, considerado pioneiro da banda deseñada galega. Este cómic foi publicado orixinalmente no ano 1975 por Xaquín Marín e Reimundo Patiño, unha xoia en clave de ciencia ficción que reivindicaba a situación da nosa cultura naqueles anos e que hoxe, case 50 anos despois, non perdeu nin un pouquiño da súa actualidade.

A presentación será o xoves, 31 de marzo, na libraría Librouro, ás 20:00 horas. Contarase coa presenza dos artistas Antón Patiño e Óscar Raña que conversarán sobre a importancia deste cómic na historia cultural galega, acompañados polo editor Xabier Romero.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events